Wednesday 24 de April de 2024

O Concello convoca as subvencións para os clubs e asociacións de Miño


Esta liña de axudas conta cun orzamento de 18.500 euros.

O Concello de Miño convoca as subvencións municipais para promocionar a cultura, o deporte e as
actividades de interese xeral no tecido asociativo do municipio. Así, os clubs e asociacións de Miño
poderán recibir axudas de ata un 80% do gasto que realicen en actividades e investimentos en base aos
criterios de valoración das bases.
Esta liña de axudas de concorrencia competitiva conta cun orzamento de 18.500 euros e as
solicitudes deberán presentarse no Rexistro de entrada xunto coa documentación esixida na
convocatoria. Os criterios de valoración das solicitudes priorizan o número de beneficiados, a
promoción do deporte e a cultura entre os máis pequenos, o número de socios e a colaboración entre
entidades do municipio, entre outros criterios.
O prazo para solicitalas será de 15 días hábiles desde que se publique o extracto da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o período de xustificación finaliza o 15 de decembro.